Wednesday 15 de May de 2024

As Bibliotecas Municipais reactivarán o luns o servizo de estudo, consulta e uso de equipos informáticos


Funcionarán preferentemente con cita previa, a cal se pode solicitar desde a web municipal https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl ou por teléfono
O próximo luns 22 de xuño, a rede de Bibliotecas Municipais da Coruña reactivará o servizo de estudo e consulta en sala e o de uso de equipos informáticos.
Ambos os servizos funcionarán preferentemente con cita previa, a cal se pode solicitar desde a páxina web municipal https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl ou por teléfono.

Desde o servizo de Bibliotecas pídenlle ás persoas usuarias que, para garantir a súa propia seguridade e a do persoal traballador, lle soliciten o material que queiran consultar aos traballadores e traballadoras da biblioteca. Unha vez devolto o material, este pasará unha corentena como medida de prevención ante o contaxio da Covid-19.

As Bibliotecas Municipais, que tiveron que pechar as súas portas por mor da crise do coronavirus, retomaron o servizo de devolucións o pasado 22 de maio e o de préstamos o 1 de xuño.